PROGRAMA XOGADE 2012-2013
XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS en idade escolar 2012-2013
A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas, convoca o Programa XOGADE
ACTIVIDADES
1. ACTIVIDADE DEPORTIVA - Máis información
Son os xogos deportivos en idade escolar da Comunidade Autónoma de Galicia con 22 Modalidades Deportivas.
2. ACTIVIDADE LÚDICA - Máis información
Xornadas de acercamento de actividades lúdicas a centros educativos.
3. COÑECE O MEU CLUB
Actividade ofertada a todos os Clubs Deportivos inscritos no rexistro de Clubs da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES
Exposición itinerante polos centros escolares e unha guía didáctica para o profesorado.
5. MÓVETE +
“Móvete+” é unha nova actividade do programa Xogade dirixida a tódolos escolares de Galicia. Trátase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar mais cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.
6. XOGOS POPULARES
Taller de xogos populares con paneis informativos, baúl de xogos e fichas explicativas para poder realizar esta actividade nos centros escolares.