PROGRAMA XOGADE 2020-21
XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS en idade escolar 2020-21
A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas, convoca o Programa XOGADE
ACTUACIÓNS
1. ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR
Son os xogos deportivos en idade escolar da Comunidade Autónoma de Galicia con 16 Modalidades Deportivas.
2. ACTIVIDADE DEPORTIVA FEDERADA
As federacións galegas no cumprimento das súas función de promoción das súas modalidades deportivas así como da organización de competicións oficiais autonómicas, establecidas no artigo 56, sección 3º, CAP II de entidades deportivas da Lei 3/2012 de 2 de abril, organizarán a competición deportiva federada en idade escolar, tendo sempre en conta a obriga de cumprimento establecida para estas entidades no convenio anual coa Secretaría Xeral para o Deporte.
3. COÑECE O MEU CLUB
Actividade ofertada a todos os Clubs Deportivos inscritos no rexistro de Clubs da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. XOGOS POPULARES
Préstamo de materiais de xogos populares e fichas explicativas para poder realizar esta actividade nos centros escolares.
5. PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO
O Proxecto Deportivo de Centro – Centros Activos e Saudables busca coordinar todos os esforzos da comunidade educativa dentro e fóra do horario lectivo e dentro e fóra do centro escolar para aumentar a actividade física saudable dos nosos escolares dentro do Plan Galicia Saudable. Para isto ofrece distintas ferramentas no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
6. XOGANDO COA AUGA E CO VENTO
Esta actividade nace para dar cabida a un conxunto de proxectos que se veñen desenvolvendo en diferentes puntos da nosa xeografía coa finalidade de acercar aos escolares galegos a un medio tan importante para a nosa Comunidade Autónoma como somos é a auga no medio natural.
7. SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 ANOS
A Xunta de Galicia proporciona un seguro deportivo gratuíto para todos os federados de 6 a 16 anos.